Un click contra a fame recada 60.000 euros para loitar contra a desnutrición en Mali

mércores, 15 de abril do 2009 Raquel Noya

A campaña solidaria en liña Un click contra a fame, que levaron a cabo Twix, Acción contra el hambre e M-80 Radio para recoller fondos cos que axudar a loitar contra a desnutrición en Mali, veñen de recadar nada menos que 60.000 euros grazas á solidaridade dos internautas.
Mediante esta iniciativa, Twix comprometeuse a doar 20 céntimos de euro cada vez que un usuario accedía á website da compañía e facía click sobre o botón pausa.
Deste xeito, paseniñamente (sen presas pero sen calma), dende o 2 de marzo ata o pasado 2 de abril, os internautas máis solidarios da Rede foron colaborando co seu tempo en prol da causa, entrando na web e informándose da iniciativa, ao tempo que a devandita compañía doaba os prometidos 20 céntimos de euro “por cada click”.
Agora, con máis de 10 millóns das antigas pesetas á súa disposición, a entidade Acción contra el hambre, vai investir na construcción de dous centros de rehabilitación nutricional aguda e 47 unidades móbiles nun dos países máis desolados de África: Mali.