Un concurso ofrece a posibilidade de aparecer no Street Fighter IV
luns, 16 de xuño do 2008
- O usuario poderá dar cara a un dos personaxes que aparecen de fondo no xogo
O xogo Street Fighter IV promete recuperar a gloria do velo Street Fighter II, e dende Capcom queren
premiar a fidelidade dos seus seguidores a través dun concurso no que convidan
aos usuarios a dar razóns polas que merecerÃan aparecer no novo xogo, de xeito
que a
súa cara poderÃa verse nun dos personaxes que aparecerán de fondo durante os
combates.
Os argumentos poderán ser a xeito de textos, imaxes ou vÃdeos (xunto cunha
imaxe de alta resolución da súa cara), debendo remitirse por correo electrónico ata o
vindeiro mércores, o que servirá á xente de Capcom para ver do que son capaces
os afeccionados aos xogos de loita por aparecer nos mesmos.