Un documental multimedia analiza a relación entre os blogs e o xornalismo

martes, 18 de decembro do 2007 Marcus Fernández


O documental multimedia publicado a través do servizo de vídeo Vimeo

Álvaro Liuzzi vén de publicar na Internet o seu documental Blogs y periodismo, que fai unha extensa e profunda análise da blogosfera e a súa relación cos medios de comunicación a través de 12 testemuñas videográficas (8 recollidas presencialmente e 4 a través da Internet).
Os entrevistados son arxentinos, agás a chilena Paloma Baytelman e os españois Manuel Almeida e Sonia Blanco, a as súas intervencións están divididas en 8 capítulos que se poden consultar lineal ou aleatoriamente.
O documental procura definir o que é un blog, o seu caracter persoal, a súa achega ó xornalismo, as oportunidades laborais que abre, a relación do autor co seu medio, a relación dos blogs cos medios tradicionais e os mitos e realidades que relacionan os blogs cos cartos.
Os vídeos publícanse con licenza Creative Commons, de xeito que se permite a súa difusió<n sen obras derivadas sempre que se atribúa a súa autoría.

PUBLICIDADE