Un emulador permite xogar completamente a Super Mario Odyssey
venres, 2 de novembro do 2018
Para
recuperar clásicos dos videoxogos, tanto de consola como de recreativa, tiveron
un grande pulo os emuladores para ordenadores persoais, que conseguÃan imitar o
funcionamento de vellas máquinas nun PC para asà poder gozar comodamente de
vellos xogos sen ter que conservar o seu hardware orixinal. Pero a potencia
deste software consegue que en moitos casos poidan achegarse a equipos moi
lonxe de considerarse clásicos, de xeito que nos últimos anos vimos como
especialmente Nintendo podÃa considerarse case unha vÃtima ao ser posible gozar de moitos dos seus xogos modernos emulando
as súas consolas, o
que está a pasar coa Nintendo Switch, que poderÃa ter serios problemas con
Yuzu, un emulador que está a avanzar a pasos axigantados.
As últimas versións de Yuzu, emulador de
código aberto para Windows, macOS e Linux, terÃan solucionado certos atrancos,
e como sorpresa de Halloween anunciaron que xa
permitÃa xogar de principio a fin o xogo Super
Mario Odyssey, un dos principais referentes da Nintendo Switch.
Detrás do proxecto de Yuzu están os creadores de Citra, un emulador de código aberto da
Nintendo 3DS, capaz de correr a meirande parte dos xogos da consola portátil de
Nintendo. En ambos casos son proxectos que se moven nunha liña moi fina que separa
a preservación do patrimonio dixital e a piraterÃa, especialmente por facilitar
a reprodución sen licenza de videoxogos actuais.
VÃdeo no que podemos ver o Super Mario Odyssey de Nintendo Switch correndo nun ordenador con Yuzu
