Un exemplar da revista Playboy serve como arma na nova entrega de Metal Gear Solid
martes, 17 de xuño do 2008
- A revista Playboy pode empregarse coma distracción no xogo
Agora que o Metal Gear Solid 4 chega ás tendas
españolas algúns xogadores se sorprenderán ao ver que o xogo inclúe
unha curiosa arma consistente nun exemplar da revista Playboy, que
se pode ler ao situar o punto de vista en primeira persoa, e que pode ser letal,
xa que supón unha distracción que deixa vulnerable ao personaxe que consulte a
publicación para adultos.
A descrición desta arma segundo o
propio xogo suxire que se trata dun elemento «garantizado para atraer a atención de varóns de entre 18 e 80 anos» e
na portada do exemplar incluso se chacotea facendo referencia a unha suposta
entrevista a Hideo Kojima (creador da saga de Metal Gear Solid). Cómpre
destacar que o uso de revistas eróticas no xogo era algo presente en anteriores
entregas.
|
Pero Playboy non é a única marca que aparece neste xogo, senón que tamén é posible atoparse cun iPod de 30 Gb, de xeito que o xogador pode utilizalo para escoitar música mentres masacra aos soldados inimigos.