Un libro celebrará os 30 primeiros anos de PlayStation
luns, 29 de setembro do 2025
Este mes cúmprense trinta anos do lanzamento de PlayStation en EE.UU. e Europa e para conmemorar esta efeméride, Sony Interactive Entertainment, en colaboración coa editorial Read-Only Memory, anuncia a publicación do volume PlayStation: The First 30 Years, unha obra que verá a luz na primavera de 2026.
O libro, de gran formato (375 x 295 mm), reúne 400 páxinas con imaxes inéditas de prototipos, esbozos conceptuais e modelos de deseño que amosan a evolución do hardware de PlayStation desde os primeiros mockups experimentais ata a PlayStation 5. O fotógrafo Benedict Redgrove, coñecido polo seu traballo en NASA: Past and Present Dreams of the Future (2019), foi o encargado de capturar as fotografÃas, mentres que a dirección de arte correu a cargo de Michael C Place e o deseño de Nicole Motby, de Studio.Build. Place xa fora responsable no seu dÃa do icónico packaging do xogo de lanzamento WipEout.
Ademais das imaxes, o volume recolle testemuños clave de enxeñeiros e deseñadores como Ken Kutaragi, Teiyu Goto ou Yujin Morisawa, que revelan decisións creativas e técnicas detrás dalgúns dos dispositivos máis icónicos da historia dos videoxogos.
A edición estándar, cun prezo de 115 euros, incluirá encadernación en tapa dura con estampación en relevo, tipografÃa en foil e catro fitas marcadoras. Pola súa banda, a edición de luxo, limitada a 1.994 exemplares, venderase por 290 euros e distinguirase por unha encadernación de costura exposta, unha caixa de presentación tipo clamshell con detalles fluorescentes e unha impresión fotográfica asinada por Teiyu Goto e Benedict Redgrove.
PlayStation: The First 30 Years promete converterse nunha peza de coleccionista e nunha crónica visual de referencia sobre tres décadas de innovación en deseño e impacto cultural da marca PlayStation.

- O libro contará cunha edición limitada a un prezo de 290 euros
