Un libro recolle a evolución dos mandos dos videoxogos
luns, 17 de novembro do 2025
A editorial británica Bitmap Books, célebre polos seus coidados libros sobre o mundos dos videoxogos, quixo render homenaxe a un elemento que vai máis aló dun simple periférico: os mandos dos videoxogos. Para iso poñen hoxe á venda Trigger Happy: A Visual Celebration of Video Game Controllers, unha guÃa visual polo mundo dos mandos, no que, a través de 396 páxinas nas que recollen 560 fotografÃas fan un repaso de 200 mandos que marcaron historia ata o momento actual, no que o deseño dos mandos madurou ata tal extremo que xa resulta difÃcil distinguir os das distintas plataformas de xogo.
Este novo libro é obra do xornalista de videoxogos Steve Jarratt e o fotógrafo Christian Wenk, pertencendo os dispositivos retratados á súa propia colección persoal. O libro tamén integra un peto no que se gardan 5 impresións a toda cor con algúns dos mandos máis emblemáticos.
Trigger Happy recolle dende os mandos das consolas de videoxogos dos anos 70 e 80, ata os das consolas actuais, pasando por mandos para realidade virtual e versións especiais bastante curiosas (como unha con forma de motoserra para xogar o Resident Evil). Podemos ver dispositivos con ou sen cable, pensados para suxeitar coas mans ou para pousar no escritorio, con pancas de xogo que suxeitar con toda a man ou que manexar unicamente co polgar e, moi especialmente, con disposicións de botóns do máis variado.
Temos neste volume un atractivo xeito de revisar como os mandos foron un campo para a experimentación a nivel de interface de control, que foron seguindo distintos camiños (por exemplo, nos anos 80-90 estaban moi marcados polas máquinas recreativas) ata que conseguiron chegar a un nivel de excelencia que fi que toda esta traxectoria se vexa con unha curiosidade que apreciarás especialmente os nostálxicos da informática clásica e das consolas de videoxogos retro.
