Un libro repasa os 30 anos de historia de Street Fighter

mércores, 4 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Celebrando os 30 anos da saga de xogos de Street Fighter Steve Hendershot escribiu o libro Undisputed Street Fighter: A 30th Anniversary Retrospective, editado nos EE.UU. a finais do ano pasado, e que agora temos a fortuna de que a editorial Minotauro traia traducido a España nunha coidada edición de 304 páxinas en tapa dura na que recolle «a arte e a innovación detrás da saga que mudou todo».
O libro Street Fighter presenta o deseño, a xogabilidade e a narrativa dos videoxogos de loita, explora o impacto da saga na cultura popular e no mundo dos videoxogos e tamén inclúe numerosas imaxes icónicas, interesantes informacións recollidas entre bambolinas e moitos outros detalles que apreciará calquera afeccionado aos xogos de loita.
Para facernos unha idea de todo o que inclúe esta impresionante obra podemos ver o seu vídeo promocional:

PUBLICIDADE