Un modificador da Nintendo Switch terá que pagar 2 millóns de dólares de indemnización
luns, 8 de setembro do 2025
A Xustiza dos Estados Unidos vén de ditar unha sentenza contundente a favor de Nintendo of America contra Ryan Michael Daly, coñecido polo nome comercial Modded Hardware, tras un acordo entre as partes para pechar o caso. O tribunal federal de Seattle recoñeceu que Daly comercializou dispositivos e servizos destinados a vulnerar as medidas de protección tecnolóxica da Nintendo Switch, facilitando asà a copia e execución de xogos pirateados a gran escala.
Segundo a documentación xudicial, o demandado distribuÃu dispositivos como o chamado MIG Switch, que permite executar copias non autorizadas de xogos, e o MIG Dumper, deseñado para copiar cartuchos en discos duros. Ademais, comercializou modchips, consolas manipuladas con este hardware e incluso ofrecÃa servizos para instalar estas modificacións en consolas de clientes, chegando tamén a distribuÃr copias ilegais de videoxogos da compañÃa nipoa.
O tribunal estableceu unha indemnización de dous millóns de dólares a favor de Nintendo e impuxo unha orde que prohibe ao demandado fabricar, vender, distribuÃr ou promover calquera dispositivo ou servizo que permita a piratarÃa en consolas. Tamén se lle prohibe manter dominios web como moddedhardware.com e deberá entregar a Nintendo todos os equipos e materiais relacionados con estas prácticas. A resolución establece, ademais, que calquera incumprimento da orde poderá derivar en sancións adicionais, incluÃndo multas e medidas punitivas.

- A sentenza prohibe a continuidade da páxina web de Modded Hardware
