Un novo xogo permítenos dixirir un equipo de baloncesto da FIBA

luns, 6 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Podemos consultar distintas informacións e estatísticas durante o xogo

Xider Games achegaranos no outono por 29,99 euros o xogo FIBA Basketball Manager 2008, que permitirá ós afeccionados ó baloncesto a simulación da dirección dun equipo, planeando plans de ataque, consultando fichas de xogadores e podendo revistar distintas informacións e gráficos que fan que o xogo sexa moi completo.
Podemos xogar a Liga, os campionatos europeos e os mundiais, podendo fichar tanto ós xogadores da FIBA coma ós doutores, adestradores, psicólogos e cazadores de talentos, tendo sempre en conta o presuposto do equipo.
Os resultados deportivos serán tan importantes coma os económicos, de xeito que a venda de entradas, de dereitos televisivos ou os investimentos publicitarios influirán nas arcas do club, o que permitirá tamén facer mellores fichaxes ou investimentos nas nosas instalacións (así como o mantemento necesario).

O xogo amósanos o transcurso dos encontros deportivos

Este xogo afástase da máis habitual visión do baloncesto a pé de cancha, e céntrase na xestión dun equipo de baloncesto, nun xénero que colleita éxito dende hai décadas.

PUBLICIDADE