Un rapaz británico gasta 691 libras en Fortnite en só 72 horas

martes, 26 de xuño do 2018 Marcus Fernández

A prensa británica está a dar estes días conta do caso dun cativo de 12 anos que gastou 691 libras esterlinas (784 euros) coa tarxetas bancaria do seu pai no xogo Fortnite en só 3 días. O pai, Steve Harrison, de 37 anos, foi advertido dos elevados cargos feitos contra a súa tarxeta, e descubriu que proviñan de só tres días de partidas do seu fillo na Xbox One que lle regalaran no seu aniversario.
Aínda que o xogo Fortnite é de balde, permite a compra de elementos estéticos e armas para os seus personaxes, e o rapaz de 12 anos realizou un total de 81 compras en 72 horas, o que disparou as alarmas do sistema anti-fraude da tarxeta bancaria que o pai deixara rexistrada na consola de videoxogos, neglixencia da que a entidade bancaria, Natwest, non se fai cargo, de aí que Harrison acuda agora aos medios para advertir a outros pais que teñan coidado cos gastos que poidan facer os seus fillos en xogos en liña.

Pese a ser un xogo de balde Fortnite inclúe compras dentro da aplicación e, de feito, é actualmente o xogo free-to-play que máis factura da historia

PUBLICIDADE