Un videoxogo achéganos ás Mujeres Desesperadas

xoves, 9 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A serie de televisión Mujeres Desesperadas vén de inspirar un videoxogo que poderá agradar ós seguidores da saga dos Sims, e que comezará a venderse en España nos vindeiros días.
O xogo é un simulador para PC baseado na serie de televisión protagonizada por unhas veciñas que viven nunha urbanización coñecida coma Wisteria Lane, de xeito que o xogador tomará o papel dunha nova veciña, de xeito que poderá ir descubrindo os moitos misterios e escándalos ocultos nunha veciñanza que é moi diferente ó que amosa a súa aparencia.
O videoxogo está dividido en 12 episodios, polo que resultará especialmente atractivo para os seguidores da serie de televisión, que poderán achegarse ós personaxes que xa coñece da pequena pantalla dun xeito moi especial. O xogo incluso conservará o dramatismo e o humor negro da serie orixinal.

PUBLICIDADE