Un videoxogo en Flash permÃtenos boxear con quen máis rabia nos dea
martes, 29 de maio do 2007
Agora que en Galicia vimos de vivir unhas eleccións
municipais moi movidas os ánimos están algo caldeados, polo que en vez de botar
a lingua a pacer e criticar a polÃticos e veciños recomendamos ós nosos
lectores que aproveiten o servizo dunha nova web xermana, PlayMyGame, que nos permite personalizar un
xogo de boxeo coa cara do home ou muller que queiramos, para desfogarnos.
O xogo de Flash resultante permite dar golpes de esquerda e dereita, asà como
ganchos ascendentes (golpes cos que é doado noquear
ó contrario) e unha das vantaxes deste sistema é que permite
integralo nas nosas webs e blogs.
Aparte do xogo de boxeo, dende PlayMyGame tamén permite personalizar a un personaxe bailando, unha felicitación de aniversario e un xogo
consistente en disparar a un
superheroe.