Un videoxogo presenta unha mirada crÃtica dos establecementos de comida rápida
martes, 2 de outubro do 2007
Os xogos na Internet poden servir para algo máis
que entreter, e asà non faltan os xogos educativos ou para desenvolver as
facultades mentais, pero xente coma Paolo Pedercini cren que se
pode empregar este tipo de produtos para facer crÃtica social, polo que
lanzou á Rede o McDonald’s Videogame,
que é un simulador de McDonald’s que permite controlar todo o proceso da compañÃa,
que vai dende o sector primario ata o usuario final, co que pretende amosar cómo
é o negocio da comida rápida.
Pedercini coida que grazas a este xogo se poidan descubrir «tódolos segredos» que fan que McDonald’s sexa «unha das compañÃas máis grandes do mundo». Critican deste xeito a
destrución dos bosques tropicais, a perda da sustentabilidade do terceiro
mundo, a desertificación, a precarización das condicións laborais e moitas
outras consecuencias do modelo de negocio deste tipo de establecemento.
Aparte de xogar na web, o McDonald’s
Videogame permite a
súa descarga para Windows e Mac, de xeito que se pode xogar sen estar
conectado á Internet.
