Un xogador mantén dous personaxes pacifistas en World of Warcraft

mércores, 9 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A plataforma masiva multixogador de World of Warcraft destaca por un espírito violento, pero un estudante norteamericano pretende experimentar o xogo con dous personaxes pacifistas, de xeito que procurarán sobrevivir sen atacar a ninguén, co que parece que van conseguir os seus 15 minutos de fama.
A pícara gnomo Noor pretende evolucionar no xogo sen matar a ninguén intencionadamente, mentres que o feiticeiro Reinisch só emprega os seus poderes para curar, estando os seus nomes inspirados nunha espía pacifista (Noor Inayat Kahn, que morreu executada polos nazis por axudar á Resistencia francesa) e nun clérigo xermano (Franz Reinisch) respectivamente. As experiencias deste xogador se poden seguir a través do seu blog, resultando especialmente orixinais por responder a conceptos contraditorios como son o pacifismo nun mundo rexido pola guerra.

PUBLICIDADE