Un xogo gratuíto nos permite manexar o robot do anuncio do Citroën C4

mércores, 30 de abril do 2008 Marcus Fernández

Antes de chegada dos Transformers aos cines de todo o mundo, na televisión moita xente quedaran abraiada polo anuncio do Citroën C4, no que o coche se transformaba nun robot que se movía ao ritmo da música, e agora se pode achegar a experiencia ao ordenador mediante un videoxogo de balde que, aínda que os seus menús están en turco, pode servir para pasar uns bos momentos, permitíndonos manexar ao robot do anuncio polas estradas, nas que podemos cambiar en calquera momento entre a forma de automóbil e a de robot antropomorfo (o robot toma mellor as curvas, pero non permite a activación do turbo).
Este curioso xogo foi desenvolvido por Sobee Software e 2GEN, e producido por MevlutD Dic, e a súa descarga é bastante rápida pese a que ocupa 249 Mbytes. O idioma do xogo fai algo complicado comezar a xogar, pero dado que se trata dun título gratuíto non é algo que se lle poida botar en cara, aínda que non sorprendería que lanzasen unha versión en inglés en breve, co que incrementarían o impacto publicitario deste lanzamento.

PUBLICIDADE