Un xuíz arxentino documéntase sobre explosivos na web El Rincón del Vago

xoves, 21 de decembro do 2006 Marcus Fernández

O conxuíz Diego Estévez

A Fiscalía e os avogados das vítimas da explosión dun arsenal en Arxentina en 1995 (no que morreron 7 persoas e 200 resultaron feridas) pediron a destitución dun xuíz por exculpar ós militares acusados con argumentos obtidos de fontes como a web El Rincón del Vago.

Artigo sobre o TNT en El Rincón del Vago

O dramático estoupido do polvorín de Río Tercero foi determinado coma accidental tras 11 anos de proceso xudicial, o que molestou a moitos, especialmente ó contemplar na sentenza que os datos sobre as características do TNT estaban extraídos dunha web de apuntes e traballos para estudantes, pero o xuíz Diego Estévez destacou que non consideraba que fose un erro considerar a Internet coma “fonte de información”, pero o fiscal sostén que Estévez baseou o seu veredicto máis en elementos alleos ás actuacións xudiciais que a probas e testemuños, nun exercicio de parcialidade.
O fiscal Carlos Stornelli tamén criticou que se copiases textualmente parágrafos “dun informe en Internet sen autor e sen fonte, así como que non se sinale no fallo a procedencia da información.
A web comentada é unha fonte habitual para estudantes que copian de aí traballos para presentar en clase, pero sería o primeiro caso coñecido dun xuíz que fixese algo semellante para argumentar unha sentenza moi polémica.