Unha chea de xogos acompañarán á PS3 no seu lanzamento

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A poucos días da chegada da PS3 ó mercado, dende Sony amosan a aparencia externa da súa caixa (que non será a que se veu nas feiras informáticas nas que apareceron unidades de proba da nova consola), aínda que o público está máis interesado pola listaxe de xogos que estarán dispoñibles dende o primeiro día, que sorprende por ser moi completa.
Deste xeito SCEA chegará cos títulos Resistance: Fall of Man, NBA 07 e Genji: Days of the Blade, pero os fabricantes alleos a Sony achegan títulos a esgalla: Blazing Angels Squadrons of WWII, Call of Duty 3, Fight Night Round 3, The Elder Scrolls IV: Oblivion, F.E.A.R., Full Auto 2: Battlelines, Madden NFL 07, Marvel: Ultimate Alliance, Mobile Suit Gundam: Crossfire, NBA 2K7, Need For Speed Carbon, NHL 2K7, Ridge Racer 7, Sonic the Hedgehog, Tiger Woods PGA Tour 07, Tom Clancy’s Rainbow Six Vegas, Tony Hawk’s Project 8 e Untold Legends Dark Kingdom.
Por desgraza, en Europa aínda haberá que agardar bastante para ver todos estes títulos, xa que será a propia consola a que se demore en chegar ó noso mercado, estimándose para o mes de marzo de 2007 a comercialización europea da PS3.

PUBLICIDADE