Unha demo de Halo DS dispara os rumores de que a xente de Bungie poderÃa deixar de traballar para Microsoft
mércores, 3 de outubro do 2007
O éxito de Halo 3 pode ser o pulo que necesitaba a
consola Xbox 360 para manterse no mercado, xa que se trata dun tÃtulo exclusivo
para a consola de Microsoft, pero os rumores apuntan a que Bungie Studios poderÃan
intentar levar o seu éxito a outras plataformas (segundo parece, mediante a separación
da mesma por parte dun grupo de desenvolvedores), o que está sen confirmar
oficialmente, pero que é unha idea que se reforzou pola publicación dun vÃdeo en
IGN no que se podÃa ver unha demo do posible xogo Halo DS, ou sexa, unha
versión adaptada para a consola portátil de Nintendo, que foi cancelado hai
meses.
O certo é que
para Nintendo DS predominan os xogos máis inocentes, e ata o momento non se
considerou que os xogos de acción en primeira persoa poidan funcionar ben en
consolas portátiles, pero a xente de Bungie parece que atopou un xeito de
aproveitar a pantalla táctil da DS para darlle vida ó seu xogo na consola de
peto.
Todo indica que Halo DS non verá a luz (con ese nome), pero co vÃdeo publicado
parece lóxico pensar que poderÃa rexurdir este xénero tan consolidado no PC nas
consolas portátiles.
