Unha docuserie explora o abuso dos móbiles e as redes sociais por parte da mocidade
luns, 9 de setembro do 2024
O vindeiro mércores ás 22:55 a canle autonómica ETB2 estrea a serie documental Generación Click, producida por Shine Iberia (compañÃa detrás de Xeración Porno que actualmente podemos ver en AGalega), e que amosa as ameazas e desafÃos aos que se enfrontan os mozos cando se conectan á Internet e ofrece solucións para evitar que estraguen a súa mocidade.
A serie documental explora de xeito exhaustivo as consecuencias do abuso de móbiles e redes sociais por parte dos adolescentes, como pode ser a ansiedade, a depresión, os trastornos alimentarios, a obsesión pola cirurxÃa estética, as adiccións, as apostas, a agresividade, o ciberacoso, o insomnio, o fracaso escolar e incluso o suicidio (convertida na principal causa de morte entre a mocidade).
Generación Click contará con testemuños de proxenitores e fillos, contando en primeira persoa e sen cancelas as súas experiencias. Tamén falarán expertos como psicólogos, médicos e membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, asà como antigos adictos e vÃtimas.
A primeira entrega desta serie está dispoñible para ver en liña, aÃnda que unicamente dobrada ao éuscaro, pero entendemos que chegará proximamente á TVG e a AGalega.gal.
