Unha empresa galega sitúase na 6ª posición das empresas españolas de hospedaxe web
venres, 3 de agosto do 2007
Un estudo realizado por Webhosting.info
amósanos unha listaxe coas compañÃas de hospedaxe de páxinas web españolas que
xestionan máis dominios de Internet, o que é un bo estimador do seu éxito,
estando liderada a relación de empresas por Arsys, que con 143.468 dominios se
fai co 14,2962% do sector.
A segunda empresa na clasificación é Terra, que non chegan nin á metade de
dominios hospedados de Arsys cun total de 71.091, seguida de Hostalia (47.269),
Abansys (46.872), PiensaSolutions (39.823) e a
galega Dinahosting, que con 27.608 dominios supera incluso as páxinas webs
albergadas por compañÃas de sona coma Acens (24,974), Nominalia (23.298) e
Cdmon (19.066).
A meirande parte dos provedores do informe manteñen un número de dominios
moi estable, que medra a un ritmo pausado, pero o
caso da empresa bilbaÃna Hostalia, que superou os 10.000 novos dominios no último
mes, o que lle valeu a terceira posición nesta listaxe.
Nós tamén queremos destacar o caso de Dinahosting,
que presenta unha moi digna 6ª posición na relación de empresas de hospedaxe
destacadas por Webhosting.info, superando a moitas empresas de tamaño moi
superior e con fortes investimentos en publicidade coma poden ser Ya.com,
Acens, Nominalia ou ONO.
