Unha liña de axudas mobilizará 5,5 millóns de euros para a transformación dixital de 112 PEME
luns, 20 de xaneiro do 2020
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria vén
de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da concesión de
axudas para impulsar a transformación dixital de 112 PEME que mobilizarán
investimentos por valor de 5,5 millóns de euros. Esta convocatoria achegará 2,2
millóns de euros a apoiar a modernización e mellora da competitividade do
tecido industrial galego, con financiamento que pode acadar o 30% no caso dos
investimentos das pequenas empresas e o 20% para as medianas.
Para lograr ese obxectivo esta iniciativa impulsa a interconexión dixital entre
empresas vinculadas pola súa actividade e a dixitalización dos seus procesos
produtivos. Ademais de apoiar a adquisición de equipos e software, as axudas facilitan
as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos
colectivos de agrupacións, PEME e iniciativas promovidas a nivel individual.
Entre os apoiados nesta edición do programa cofinanciado
polo IGAPE e o FEDER están iniciativas como a posta en marcha dunha plataforma
vitivinÃcola integrada, sistemas de dixitalización da seguridade industrial e
de información para a transformación integral de procesos industriais, ou a
aplicación da business intelligence na xestión integral destes procesos.
Este programa inclúe un instrumento de apoio dobre: por unha
parte, o tecido asociativo galego pode organizar cursos para a xeración de
proxectos de dixitalización realizados colectivamente, que son financiados ao
100%. Por outra, concédense axudas a empresas para investimentos no eido
dixital. A través das dúas convocatorias publicadas en 2019, este programa de
impulso á dixitalización vén de apoiar un total de 244 proxectos empresariais
con axudas que acadaron 8,4 millóns de euros, que están a mobilizar
investimentos por valor de preto de 11,2 millóns de euros.
Co mesmo obxectivo de impulsar a transformación dixital do
tecido empresarial galego e a Industria 4.0, a Xunta activará nas próximas semanas
programas de apoio por preto de 67 millóns de euros, dos que se poderán
beneficiar tanto as empresas como os centros tecnolóxicos. Estas convocatorias,
que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG) ao longo deste primeiro
trimestre e aos que se lles sumarán diferentes iniciativas durante todo o ano,
enmárcanse na Axenda Industria 4.0 e na Estratexia de Especialización
Intelixente (RIS3) de Galicia, as follas de ruta coas que se impulsa a
innovación e a competitividade do tecido empresarial galego co obxectivo de
crear emprego de calidade.