Unha mañá do alcalde de Bos Aires púidose seguir en directo a través da Rede

martes, 10 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Jorge Telerman, alcalde de Bos AiresO pasado venres, de 8 a 12 de mañá, a web da cidade arxentina de Bos Aires retransmitiu en directo ó facer do xefe de Goberno da Cidade, Jorge Telerman, realizando as súas tarefas cotiás nunha sección que chamaron “El intendente on-line” na que se vían as imaxes captadas en vivo por unha cámara sita no despacho do edil durante 4 horas.
Deste xeito, os cidadáns puideron ver como o seu alcalde falaban con medios de comunicación, dialogaba cos seus colaborares e participaba en varias audiencias con empresarios e funcionarios.
Estamos así ante unha iniciativa de transparencia que amosa certas semellanzas con programas televisivos na liña de Gran Hermano, no que parece un achegamento da política á cidadanía, que seguro que sorprendeu enormemente a moitos arxentinos. O seguimento das xornada matinal do rexedor municipal non parece algo do que vaian a tomar exemplo moitos políticos (principalmente porque limitaría a súa liberdade e intimidade) pero supón un paso adiante para dar a coñecer as funcións diarias dos políticos.

PUBLICIDADE