Unha panadería de Coristanco vende pan e empanadas dende a súa web

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano unha panadería de Vimianzo sorprendía ao abrir páxina web para dar a coñecer os seus produtos, e agora a Panadería Valenza de Coristanco dá un paso máis e se lanza a vender pola Internet pan de leña, roscas e empanadas de carne, atún e bacallau, entregándoas a domicilio de balde para clientes da zona de Bergantiños ou a través de SEUR para persoas que vivan fóra da área de reparto.
Finalmente a mellor empanada galega está ao alcance do usuario a só un clic de distancia, aínda que o seu pan de leña sexa o produto máis vendido a través desta plataforma de venda en liña.