Unha revista de videoxogos chega ao 12º posto nas listaxes de vendas nos EE.UU.

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nun momento no que os afeccionados aos videoxogos retiran a súa confianza en boa parte das publicacións impresas do sector para informarse a través da Internet sorprende que nas listaxes de vendas norteamericanas a revista Game Informer conseguise colocarse nunha importante posición con 3.517.598 exemplares colocados no mercado, de xeito que superaría a cabeceiras de moitos peso como Time, Playboy, Sports Illustrated, Maxim e mesmo a TV Guide.
Con estes datos atrevémonos a asegurar que a crise das revistas de videoxogos non estaría provocada polo seu soporte, senón polo feito de publicar información vella, que está accesible con moitas semanas de antelación na web, de aí que cheguen aos quioscos obsoletas, o que non parece pasar con Game Informer, que nos últimos meses achegou moitas primicias sobre xogos coma Arkham Asylum ou Bioshock 2, polo que os xogadores optan por mercar a publicación en vez de ler artigos que publican esa mesma información de segunda man.

Sorprende que unha revista de videoxogos teña boas vendas cando outras cabeceiras do sector pechan