Unha web achega a escritores e lectores a través do vídeo

mércores, 16 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A imitación de Meet the Author nace en España a web Conoce al Autor, que é unha canle de promoción literaria que presenta obras acompañadas dun vídeo descritivo protagonizado polo autor das mesmas, que explican en 2 minutos o contido do seu último libro.
Ata o momento a iniciativa conta cuns 60 escritores, entre os que destacan Paulo Coelho ou Espido Freire, e que pretende chegar ós 500 antes de rematar 2008.
Os responsables deste servizo se encargan da gravación, produción e edición dos clips de vídeo, así como da súa adaptación e publicación na web, para establecer unha ponte entre autores e lectores. Amais, as fichas de cada libro incluído en Conoce al Autor inclúen ligazóns ós mesmos en distintas tendas electrónicas, de xeito que fan doada a súa adquisición a través da Rede.