Unha web convida a pinchar a roda do coche de Lewis Hamilton
xoves, 18 de outubro do 2007
As eleccións autonómicas
catalás, a masacre
de Virginia Tech ou a entrada na cadea de Paris
Hilton son eventos de máxima actualidade que inspiraron rapidamente xogos
en Flash de grande éxito, e seguindo a súa estela temos hoxe unha páxina web que nos convida
a pinchar a roda do coche de Lewis Hamilton para que Fernando Alonso trunfe
na mundial de Fórmula 1.
A orixinal web permite que os seus visitantes sitúen no trazado do circuÃto de
Brasil (xunto cun comentario dirixido ó piloto británico) un cravo, unha
chincheta ou un porco teixo, e no momento de escribir esta liñas xa habÃa máis
de 140.000 persoas que fixeran a súa contribución a esta simpática iniciativa
obra da empresa de marketing Tequila.
En Pinchalaruedadehamilton.com
tamén se poden ler os comentarios que deixaron os seus visitantes premendo
sobre os obxectos deixados sobre o circuÃto automobilÃstico.
