Unha web permite descargar directamente ficheiros de BitTorrent

luns, 6 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Un novo servizo web baseado nun applet de Java, BitLet, permite a descarga de ficheiros da rede BitTorrent dende o propio navegador de Internet sen precisar da instalación de ningún software cliente desta rede P2P, o que é unha sinxela solución para o uso esporádico deste sistema de descarga.
Esta solución parece moi axeitada para blogs e webs que queiran achegar contidos ós seus visitantes sen instalos á instalación de aplicacións informáticas ou para o acceso ós mesmos dende ordenadores de uso público.

PUBLICIDADE