Unha web permite os profesores pór tarefas ós seus alumnos en liña
luns, 14 de xaneiro do 2008
Os profesores contan cunha nova ferramenta web
chamada Yaca Paca! e que permite realizar
tarefas académicas para profesores e alumnos, destacando polo feito de que só os
profesores se poden dar de alta na web, tralo que poderán crear chaves de
acceso ou engadir a cada estudante a unha listaxe de alumnos. Organizados os
alumnos, os profesores poderán asignarlles tarefas elixidas que se resolverán
directamente na web e das que poderán coñecer os resultados, asà como consultar
as estatÃsticas dos mesmos para comprobar o rendemento dos alumnos.
Por desgraza o servizo web só está dispoñible en inglés, pois segundo o que
podemos ver no screencast
publicado na Rede, semella ser unha ferramenta
extraordinariamente útil para a docencia valéndose das TIC.
