Unha xornada no CESGA achegará o audiovisual galego á nube
mércores, 19 de marzo do 2014

- Esther Medina abrirá a xornada que terá lugar no CESGA
O vindeiro 27 de marzo o Clúster Audiovisual Galego (Clag)
celebrará no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de
Compostela unha sesión
formativa baixo o título de O Audiovisual
na Nube, que introducirá ás PEME do sector audiovisual nas vantaxes que
supón o cloud computing, abordando
tamén os retos aos que a industria do cloud
ten que enfrontarse para adaptarse ás necesidades do audiovisual.
Esther Medina, responsable do Servizo de Innovación e Novas Canles da CRTVG e
vogal da Área de I+D+i do Clag, encargarase de abrir esta xornada, tras o que o
director xeral do Grupo Arcade Inforhouse, Vidal Díaz, presentará as Tendencias de outsourcing na infraestrutura
tecnolóxica.
Durante a mañá tamén se impartirán dous obradoiros: un sobre Virtualización de escritorio e mobilidade
a cargo de Arcade Inforhouse, e outro sobre os servizos que ofrece o CESGA, que
impartirá o seu administrador de sistemas, Carlos Fernández.
O curso rematará coa sesión titulada Produción
Audiovisual na Nube, a cargo do CTO e do responsable de Sistemas de
Unitecnic na oficina de Madrid, Juan David Vivas e Iván Tobares
respectivamente, que exporán as posibilidades que ofrece a redacción na nube,
entre outros aspectos de interese para as PEME do sector audiovisual.
