Utube.com recibe 65 millóns de visitas accidentais
mércores, 18 de outubro do 2006
Unha compañÃa especializada á fabricación e venda de tubos de ferro e maquinaria pesada veu como a súa web recibiu 65 millóns de visitas por mor do seu dominio da Internet, utube.com, que se pronuncia igual que youtube.com, o que levou a moitos visitantes a equivocar enderezo ó que dirixen o seu navegador á hora de visitar a web de vÃdeos máis popular da Rede.
A casualidade no nome non debeu ser moi positiva para a Universal Tube & Rollform Equipment Corporation, que chegou a ter problemas para manter a súa web operativa ante a avalancha de visitas, que non lle supoñen ningún beneficio directo (xa que é difÃcil que un cliente potencial chegue a eles buscando vÃdeos) pero resulta curioso ver como o que poderÃa ser un intento para atraer visitas non sexa máis que unha casualidade con repercusións negativas (xa que a empresa tivo que reforzar os seus servizos web para poder manter a súa páxina en liña).
