Vaca Films consegue unha vez máis a confianza de Netflix

martes, 29 de decembro do 2020 Marcus Fernández

O audiovisual galego está de parabéns, e tras o éxito que está a colleitar El desorden que dejas en Netflix e a chegada a salas cinematográficas de Hasta el cielo, dende Vaca Films agora que a historia deste último filme vai converterse nunha serie que da que vén de adquirir os dereitos globais Netflix.
Actualmente Hasta el cielo só está dispoñible en cines, pero tras o seu paso polas salas de exhibición estrearase globalmente en Netflix, plataforma que dará unha grande proxección a esta produción galega que conta con figuras como Miguel Herrán e Luis Tosar, e que conta a historia dun mozo madrileño que vese somerxido nunha serie de roubos que escalan até que se converte nun dos atracadores máis buscados.
A serie de televisión que continuará a historia de Hasta el cielo estará dirixida tamén por Daniel Carpasoro, correndo co guión Jorge Guerricaechevarría. A ficción está aínda en desenvolvemento e non se confirmou polo momento o seu reparto.

JPEG - 88.1 KB
Hasta el cielo conta a historia de Ángel (Miguel Herrán), un mozo que entra a formar parte dunha banda de atracadores en Madrid

Tráiler de Hasta el cielo

PUBLICIDADE