Vaca Films gravará en Galicia unha nova serie para Netflix

martes, 8 de outubro do 2019 Marcus Fernández

A novela El Desorden Que Dejas, de Carlos Montero, un thriller psicolóxico protagonizada e relatado en primeira persoa por unha profesora de literatura en horas baixas que acepta unha suplencia nun instituto de Novariz, unha vila galega ficticia, da que procede o seu marido e na que a súa predecesora suicidouse. A protagonista recibe cartas ameazantes que lévana a investigar se a profesora anterior realmente quitouse a vida ou foi asasinada. Esta historia convenceu a Vaca Films a desenvolver unha serie de televisión de 8 capítulos de 40 minutos que gravarase en Galicia e que estrearase o ano que vén en Netflix.
A produción audiovisual contará coa participación de Inma Cuesta, Bárbara Lennie, Tamar Novas, Arón Piper e Roberto Enríquez, e comezará a gravarse en terras galegas o vindeiro 21 de outubro. Deste xeito consolídase a aposta por Netflix polas producións galegas, entre as que tamén está a traballarse actualmente nunha segunda tempada de O Sabor das Margaridas.

PUBLICIDADE