Varios xogos de Sega se poden descargar de balde para o móbil a cambio de publicidade

mércores, 14 de maio do 2008 Marcus Fernández

Sonic, Golden Axe e After Burner nas súas versións móbiles

Os xogos para móbiles son un grande negocio no que tamén entran as grandes franquicias de máquinas recreativas e consolas, pero as webs GameJump e Gjmp.tw están a servir para publicar xogos, achegados polo distribuidor de contidos Greystripe , de balde, a cambio de publicidade (advertindo que estes anuncios se descargan mediante conexións de datos que si poden ter o seu custo).
Resulta especialmente relevante que os xogos achegados gratuitamente non sexan totalmente descoñecidos, senón que incluso inclúe títulos de Sega Mobile coma Sonic Jump, After Burner II e Golden Axe, o que supón un importante paso tanto para Sega como para os xogos para móbiles, pois poderían proliferar os títulos descargables de balde como tamén está a pasar para PC.

PUBLICIDADE