Vedra acolle esta fin de semana a nova edición da mostra e os cursos tecnolóxico-audiovisuais do LAV
mércores, 4 de febreiro do 2015
Esta
fin de semana celébrase a oitava edición do Laboratorio Audiovisual
de Vedra, o LAV015, evento
que anunciamos polo miúdo hai unhas semanas dende Código Cero,
salientando entre outras cousas o seu programa formativo dunha ducia
de cursos sobre diferentes aspectos da creación audiovisual botando
man das novas tecnoloxÃas. Pois ben, a nova edición do LAV
(organizada como de costume por Senunpenso)
arranca o venres coa proxección de Funes,
o inventor da lúa, de
Enrique Otero, dando comezo á mostra que complementa o programa
formativo e que abrangue tamén a xornada do sábado. De xeito
paralelo, a partir do sábado, desenvólvense as xornadas
de formación, nas que máis de 160 persoas están inscritas nos once
obradoiros que se imparten este ano no CPI
de Vedra.
A
devandita mostra ábrese pois o venres
6 de febreiro ás 20:30 horas
no Centro Sociocultural de Vedra, con entrada de balde. As
proxeccións desa xornada son: Funes,
o inventor da lúa, de Enrique
Otero, O labirinto dos soños,
de Ramón Bermejo e Pepe Sendón, e Flores para unha rosa,
unha
curtametraxe de animación realizada polo alumnado do CPI de Vedra.
O sábado, de novo no Centro
Sociocultural de Vedra, o director
Alfonso Zarauza e
membros do grupo Chévere estarán presentes para presentar A
viaxe dos Chévere.
O
sábado e o domingo, durante todo o dÃa, desenvolveranse as xornadas
de formación audiovisual, que atraen a profesionais e afeccionados
de toda Galicia e incluso de fóra. Máis de 160 persoas participan
este ano nos
once obradoiros programados,
entre
os que se inclúen un
de introdución ao hardware libre Arduino e outro de creación
audiovisual con trebellos móbiles.
