Ver y Cocinar, un novo videoblog de cociña
martes, 12 de febreiro do 2008
Os videoblogs son un xénero pouco común en España,
que conta con poucos exemplos dignos de converterse en referente, pero Ver y Cocinar poderÃa entrar dentro de
tal exclusivo club, pois en pouco máis de 2 semanas xa promete un espazo de
grande calidade audiovisual na que se pode ver a preparación
de pratos de cociña por parte da súa presentadora, Marta.
Os clips veñen completados por instrucións escritas do proceso de preparación,
asà como a listaxe dos ingredientes precisos, o que enriquecen este espazo que
non se pecha só á súa web, senón que os vÃdeos publicados a través de Vimeo tamén
se poden integrar noutras páxinas web.
Ver y Cocinar tamén presenta pratos
elaborados por cociñeiros de restaurantes que se dan a
coñecer dende tal web, asà como clips con trucos de cociña.
Marta explica cómo elaborar un cóctel de gambas
