Veronica Belmont co-presentará Tekzilla

venres, 11 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os tempos nos que as estrelas do vídeo na Rede como Amanda Congdon daban o salto á televisión parece que pasou, e agora os videoblogs norteamericanos xa comezan a competir entre si para acaparar ás figuras máis mediática ou iso dá a entender que a presentadora de Mahalo Daily, Veronica Belmont, anunciase que vai deixar de conducir o seu espazo habitual para co-presentar con Patrick Norton o videoblog Tekzilla, da Revision3 (unha das plataformas máis importantes de videoblogs).

Veronica Belmont amosando o novo gravado láser do seu portátil

Nos últimos meses Veronica Belmont converteuse en toda unha figura da Internet, e conseguiu que Mahalo Daily gañase unha audiencia fiel, chegando mesmo a inspirar unha canción do grupo The Carps. Está claramente especializada na comunicación a través da Internet pois, aparte de en Mahalo Daily, tamén participou en Buzz Out Loud, MP3 Insider e Crave. Na televisión tradicional tamén fai frecuentes aparicións (DL.TV, MSNBC, CNBC, G4, PC Gamer e This Week in Tech).
Dende Revision3 agardan que a fichaxe desta estrela na Rede se traduza na achega dos seus seguidores á súa plataforma de televisión por Internet.