Vestuariolaboral.com convírtese na web máis visitada no sector do uniforme segundo o ranking Alexa

mércores, 10 de decembro do 2008 Raquel Noya

A tenda en liña dedicada á venda de uniformes, roupa de traballo e vestiario laboral pertencente á empresa Vestuario Laboral y Publicidad S.L., Vestuariolaboral.com, vén de convertirse na tenda web do sector máis visitada en España segundo o ranking mundial de Alexa.
Esta web é dunha tenda en liña ubicada en Toledo e, dende marzo de 2002, fornece vestiario laboral e uniformes a toda España.
Na actualidade recibe máis de 5000 visitas ao mes, tanto de empresas como de particulares, o que vén de converter á empresa en líder do sector na Rede en número de visitantes.
Os responsables da ferramenta virtual veñen de facer pública a súa satisfacción ao comprobar como esta web vén de converterse nun “exemplo exitoso de cómo un comercio tradicional pode adaptarse ás novas tecnoloxías, sen investimentos importantes e sen ter un apoio importante por parte de ningún grupo empresarial forte, logrando magníficos resultados”.
A facturación de Vestuariolaboral.com supón, nestes momentos, en torno ao 50 por cento da empresa Vestuario Laboral y Publicidad S.L, e un incremento de máis do cen por cen respecto ao pasado ano 2007.