Vexia presenta unha tableta que pode transformarse en ordenador de escritorio
mércores, 26 de novembro do 2014
Atendendo á demanda dos ordenadores convertibles Vexia
explora novas posibilidades co seu Portablet
Core m, un curioso equipo que vén a ser unha tableta con pantalla de 11,6
polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles con Windows 8.1, de xeito que
en mobilidade podemos levalo cunha funda/teclado para que poida facer ás veces
de portátil, pero no escritorio ten unha Dock Station con 4 portos USB, 1 porto
Ethernet, saída HDMI e incluso espazo para incorporar un disco duro de 2,5” no
seu interior, de xeito que converte o trebello practicamente non ordenador de
sobremesa, xa que podemos engadirlle teclado, rato e unha pantalla externa ou
un televisor cando esteamos comodamente na oficina ou no fogar.
- A tableta incluso integra unha peaña traseira para facilitar o seu uso no escritorio
A tableta ten 4 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno, USB 3.0, lector de
tarxetas micro SD, saída micro HDMI, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, cámaras de 5 e 2
Mpíxeles, toma de auriculares, batería de 6.000 mAh (cunha autonomía de até
máis de 10 horas), un grosor de 11,4 milímetros e un peso de 850 gramos.
Este interesante produto sairá á venda o 20 de decembro a un prezo de 649
euros, mentres que para usuarios menos esixentes, que só busquen unha tableta
con teclado, o mesmo fabricante ten o seu Portablet 10 a un
prezo de 249 euros, que é bastante máis limitado pero inclúe a funda/teclado
que permítelle comportarse como un portátil completo a un prezo moi axustado.
- A Dock Station serve para cargar a tableta e convertela nun ordenador de sobremesa
Vídeo promocional do Vexia Portablet Core m