Videoxogos desenvolvidos no marco de mestrados da UDC poderán probarse en Mundo Digitales
mércores, 5 de xullo do 2023
Os estudantes do
máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Boris
Cisneros GarcÃa, Miguel GarcÃa Rivadulla, Iago ValÃn GarcÃa, Elena Ferrera
González, Daniel Cuerva Vidales, Francisco Javier Pascual Vidal, Borja Añón
Lema e Alejandra Marcela Contreras Sanz, someten
á valoración do público asistente ao Congreso Internacional Mundos Digitales o
seu videoxogo A Bot to The Top co obxectivo de detectar posibles
erros e mellorar asà a súa usabilidade e accesibilidade.
Trátase dun
videoxogo de plataformas táctico 2.5D desenvolvido como Traballo Fin de Máster
no que o xogador controla un robot a través dun mapa vertical polo que debe
ascender planificando cada salto con antelación, evitando caer para chegar ata
o cumio. O xogo poderá probarse desde mañá xoves até o sábado no expositor da
Universidade da Coruña onde tamén se poderán visualizar os trailers e gameplays
doutros dous proxectos desenvolvidos no marco do máster da Escola Politécnica
de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) como son After Juice e Quack Time Event
e doutros tres proxectos levados a cabo na materia de Proxecto de Videoxogos do
3º curso do grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos que se imparte na
Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña e que levan por tÃtulo Hangover
in Neverland, Umbra e Zima.