Artigos desta sección
A Wii terá axiña un fusil de asalto
Co nome provisional de “Zapper”, a Wii contará axiña cun controlador con feitura de fusil de asalto semellante ao que xa tiña a NES alá pola década dos oitenta, e que xa fora presentado ó longo dos últimos anos nas diferentes feiras de xogos. Polo de agora, non hai maiores detalles do trebello aínda que xa se confirmou o lanzamento para o día 19 de novembro deste (...)
Ler máisO sector español dos videoxogos facturou en 2006 un 12% máis ca en 2005
A industria española do videoxogo semella gozar de moi boa saúde, malia verse ameazada (ó igual que outros mercados) pola temida piratería, que segundo os responsables de contas do sector, acada o 50 por cento dos beneficios netos. O pasado ano, o tecido produtor e distribuidor incrementou as súas vendas nun doce por cento con respecto a 2005 e isto (...)
Ler máisO videoxogo baseado na película de Iron Man estrea web
Jon Favreau está a dirixir unha película baseada no home de ferro de Marvel, protagonizada por Robert Downey Jr., Jeff Bridges, Terrence Howard e Gwyneth Paltrow, que sairá a primeiros de 2008 e que contará cos seus respectivos videoxogos para PC, PS2, PS3, PSP, Nintendo DS, Wii e Xbox 360 que está a desenvolver Sega. Para satisfacer ós afeccionados que ata (...)
Ler máisFiltran á Rede unha copia sen censurar de Manhunt 2 para PS2
O mes pasado informamos de que a xente de Take-Two Interactive tivo que censurar o seu xogo Manhunt 2 para que as autoridades norteamericanas puidesen aprobar a súa venda nos EE.UU. mesmo cualificándoo coma non recomendado para menores de idade, dado que a súa extrema violencia podería provocar a prohibición da súa venda (como aconteceu no Reino Unido) pero (...)
Ler máisO futuro xogo dos Simpson chegará con 6 portadas distintas
Este Nadal os seguidores da familia Simpson poderán meterse na pel dos seus personaxes favoritos grazas a un videoxogo que está a prepara EA e que sairá para as plataformas Xbox 360, PS3, PS2, PSP, Nintendo Wii e DS, sorprendendo esta semana coa presentación de distintos deseños de cuberta para cada (...)
Ler máisO Tetris, de novo a debate polo suposto carácter hacker do seu creador
Falar dos videoxogos cos que medramos é falar, para que imos dicir outra cousa, dunha boa parte da nosa mocidade. Un dos xogos que máis se nos meteu ós integrantes dunha xeración no máis fondo dos miolos foi sen dúbida o Tetris, e tanto que foi así, posto que non houbo apenas usuarios que non tivesen alucinacións (na clase, na cama, no autobús, en pesadas (...)
Ler máisMicrosoft presentará o agardado Halo 3 en cinco cidades españolas… e da man de Peugeot
Se temos en conta o que nos están a dicir estes días Microsoft e Peugeot a través da súa alianza, a industria do videoxogo e a do automóbil fan mellor caldo do que pode semellar nun principio. Isto vén a conto pola rolda de presentacións do esperado Halo 3 que está a piques de arrincar en España (chegará oficialmente ó mercado o 26 de setembro), dun concesionario (...)
Ler máisSony publica a listaxe de xogos que presentará na Tokyo Game Show deste mes
As feiras de videoxogos sucédense dun xeito trepidante e insólito estea ano, de xeito que, en vez de estar separadas por meses, son semanas as que marcan as distancias, polo que trala Games Convention de Leipzig xa se está a falar da Tokyo Game Show, que se celebrará entre os días 20 e 23 de setembro no Xapón, e do que xa sabemos a listaxe de xogos que (...)
Ler máisA PSP renovada chega ás tendas españolas
Sony España lanza hoxe a revisión da súa consola portátil, de xeito que xa está á venda a PSP Slim & Lite que ofrece unha batería máis eficiente, un lector de discos UMD máis rápido, pesa un 33% menos e é un 19% máis final, conservando o tamaño da pantalla orixinal e permitindo ver os contidos da consola no televisor de casa. O prezo da nova consola é de 169,99 (...)
Ler máisCanal+ estreará un programa dedicado ós videoxogos
Pese a que os videoxogos son actualmente unha industria que move máis cartos que o cine ou a música, a televisión dálles as costas en España (mentres que noutros países aínda se manteñen canles dedicadas a eles) e, para cambiar esta tendencia, Canal+ estreará ó vindeiro 3 de outubro ás 19:10 horas o programa Jugones, que en 20 minutos de duración e con (...)
Ler máis0 | ... | 6350 | 6360 | 6370 | 6380 | 6390 | 6400 | 6410 | 6420 | 6430 | ... | 6580