Vieiros cumpre 12 anos na Rede
luns, 25 de febreiro do 2008
Vieiros, unha das webs pioneiras na Internet galega, fixo
12 anos o pasado domingo, o que celebrarán durante esta semana incorporando
algunhas novidades na súa portada, de xeito que facilitarán a nevegación polo
seu espazo virtual, ofrecendo unha información máis áxil e estruturada.
O Barrio Galego na Internet (ou The Galician District) comezara a
súa actividade o 24 de febreiro de 1996 coma un pequeño buscador de webs
galegas que en pouco tempo comezou a achegar novas a través da Rede,
converténdose en todo un medio de referenza na nosa comunidades.