Virtua Fighter 5 chegará a tempo para o desembarco da PS3 en Europa
martes, 19 de decembro do 2006
O Nadal
europeo non contará coa PS3 nas tendas, pero a súa chegada no mes de marzo será
moi agardada grazas ós xogos que están a preparar para a nova consola, de xeito
que cando chegue ó noso mercado xa estará nas tendas o Virtua Fighter 5, que se
venderá a partires do 20 de febreiro, e que levará ós xogos de loita para
consola un paso máis adiante, no que será unha conversión moi fiel da máquina
recreativa (que empregaba a placa Lindbergh de Sega).
O novo xogo terá un total de 17 personaxes (incluÃndo algúns novos coma Eileen ou El Blaze) e asÃ, ó igual que o Gears
of War é un xogo imprescindible para os posuidores dunha Xbox 360, o Virtual Fighter 5 quere ser o seu homólogo
para a PS3, aÃnda que chegará co apoio dos seguidores desta saga de xogos de
loita para ser un éxito absoluto.

- O usuario pode elixir entre 17 personaxes para competir neste xogo de loita
Esta
nova entrega aproveita a alta definición da nova consola de Sony, que amosa
detalles que chegan ata as engurras dos personaxes do xogo, polo que non parece
arriscado afirmar que este produto de Sega contará co beneplácito tanto da crÃtica
coma do público.
