Vitae brinda en novembro a 2ª edición dun curso que explora as posibilidades do sistema Git
mércores, 25 de outubro do 2023
A
consultora tecnolóxica Vitae Consultores vai organizar este mes de
novembro a segunda edición do curso sobre Git,
Control de Código Compartido. Celebrarase os días 20, 22,
27 e 29 de novembro de 2023 e inclúe 12 horas de formación.
En
termos xerais, o curso móstranos como mellorar o control e a xestión
do código nuns tempos, os actuais, nos que proliferan diferentes
documentos coa información dos nosos programas e ferramentas,
documentos que logo son sometidos a cambios diarios, revisións,
aprobacións ou mesmo procesos de volta atrás.
Ante
este panorama de múltiples participantes cada vez máis
deslocalizados xorde precisamente este curso, que porá o foco nas
posibilidades do sistema Git, que permite optimizar a xestión “e
moito máis”, segundo explican fontes de Vitae, que tamén centrará
os contidos do curso na capacidade de servizos como GitHub ou GitLab,
e en fluxos de traballo estándar como GitFlow.
Que é Git?
Git
é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en
ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas
persoas. Emprégase principalmente no desenvolvemento de software,
pero tameń para xestionar traballos sobre calquera tipo de
ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído
orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos, e soportar
modelos de traballo distribuídos e non lineais.
Foi
creado por Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do
kernel de Linux.
Obxectivos
do curso
-Comprender
os fundamentos do sistema de control de código compartido Git.
-Dominar
os comandos básicos para traballo individual e en equipo.
-Coñecer
os workflows máis utilizados en proxectos profesionais.
-Distinguir
as capacidades das distintas plataformas de servizos.
Máis
datos do curso
O
curso contará con 12 horas lectivas e desenvolverase a través da
Aula Virtual de Vitae Consultores con clases en directo e acceso ás
sesións gravadas para a súa consulta. Celebrarase como dixemos os
días 20, 22, 27 e 29 de novembro de 2023, en horario de 16.00 a
19.00 horas.
O formador
A
persoa encargada de impartir os contidos será Jorge González,
enxeñeiro técnico Industrial na especialidade de Electrónica, con
22 anos de experiencia como analista programador e máis de 14 anos
de experiencia como formador de tecnoloxías web e de mobilidade. As
tecnoloxías que domina Jorge son HTML5, PHP, JavaScript, FLEX,
Backbone, Angular, IONIC, Symfony, Drupal, Wordpress, Flex, Flash,
Animate, Phonegap, etc...
A
súa faceta de formador estivo sempre ligada á súa experiencia
profesional. Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou
atópanse Google, LinkedIn, FC Barcelona, La Caixa, Nike, Cola Cao,
Pronovias, Volkswagen, Capgemini, Grupo Antolín, Gas Natural, Indra,
Deloitte, La Voz de Galicia, Plexus, Disashop, Softtek ou Teimas,
entre outras.