Voar por todo o mundo dende unha simple web en Flash

xoves, 23 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Flashearth.comA creación de múltiples mash-ups na Internet está a producir unha serie de aplicacións que collen o mellor (ou o máis axeitado) de servizos baseados no que algúns chaman Web 2.0, e dende Neave crean moitos exemplos deste tipo de uso, montando distintas webs que aproveitan webs coma Google Vídeo, Flickr ou MS Virtual Earth.
Melide dende o aireAínda que a súa solución máis impresionante sexa sen dúbida Neave.tv, que podería ser unha solución moi axeitada para a creación de televisións á carta pola Rede, está a ter certo protagonismo Flash Earth, que permite a consulta de servizos de mapas e fotografías aéreas dende a web (sen precisar da instalación de aplicacións no noso equipo) polo que podemos voar por todo o mundo accedendo ós mapas de Yahoo!, Ask.com, OpenLayers, a NASA, Microsoft Virtual Earth e Google Maps, sendo estes últimos os máis detallados para Europa, converténdose nunha solución moi atractiva para botar unha ollada dende o aire da nosa localidade.