Vodafone TV integra Filmin a prezo reducido

luns, 24 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Para celebrar o 15 aniversario de Filmin veñen de pechar un acordo con Vodafone España de xeito que a plataforma de cine en streaming pasa a incorporarse a Vodafone TV dentro do Pack Más Cine, que tamén inclúe Canal Hollywood, Dark, Sundance TV, Somos e TCM entre outras canles, por un prezo de 5 euros/mes, o que supón unha magnífica oferta, xa que subscribirse a Filmin fóra de Vodafone TV ten un custo de 7,99 euros/mes.
Vodafone TV consolídase así como un dos agregadores de cine e series máis completo do mercado español (xa que tamén integra HBO Max, Disney+, Amazon Prime Video, Eurosport, AMC+, AXN Now, COSMO ON, FOXNOW, TNT Now, Netflix, ATRESplayer Premium e Mitele) e grazas ao acordo con Filmin poderá achegar nestas datas grande títulos como a premiada Drive My Car, o documental producido por Filmin Oswald: el falsificador, Vortex, Tenéis que venir a verla, Cinco lobitos ou The Kingdom Exodus, así como grandes clásicos como Desayuno con diamantes, Memorias de África, El Dorado, Tootsie, La jauría humana, Un hombre para la eternidad ou Rojos.