Vodafone levará o fútbol en 4K aos bares
mércores, 17 de agosto do 2016
Vodafone foi a primeira compañÃa en
anunciar
a súa oferta converxente con todo o fútbol para locais de hostalarÃa, e
agora dende o diario Expansión adiantan que o operador garda un as baixo a
manga para facer máis atractivo o servizo: achegar
contidos en ultra alta definición e financiar televisores compatibles.
A partires da vindeira semana Vodafone ofrecerá cada xornada un partido de Liga
e outro de Champion League en 4K (equivalente a 4 televisores Full HD) de xeito
que achégase unha calidade moi superior ao que estamos afeitos, o que pode
resultar moi atractivo para os espectadores e decisivo á hora de decidir o
local ao que acudir a ver un encontro e, aÃnda que tamén se espera que o resto
de operadores ofreza este tipo de contidos, dende Vodafone xa seleccionaron o
novo descodificador que permitirá recibir os servizos en 4K, que pode adaptarse
ás instalacións de ADSL, cable e fibra óptica do operador, e que ofrecerase en
aluguer nas vindeiras semanas. Dado que a recepción do sinal en UHD non serve
de nada se non contamos cun televisor con tal definición no seu panel, Vodafone
financiará a compra de televisores LG de 55 polgadas, valorados en 700 euros, que
poderán pagarse en 24 meses.
Adicionalmente Vodafone tamén prevé iniciar accións especÃficas de marketing, que inclúen unha páxina web
para axudar aos bares a realizar a promoción dos partidos.
