Vodafone renova o seu acordo con Disney

martes, 29 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Aínda que co lanzamento de Disney+ parecía que Disney ía desaparecer paulatinamente do panorama audiovisual tradicional, polo momento non parece que vaia ser así, e Vodafone vén de renovar o seu acordo con Disney que permitiralle manter no seu servizo de televisión durante os vindeiros anos as canles Fox, National Geographic, National Geographic Wild, Disney Channel, Disney Junior e Baby TV.
Este acordo reforza a alianza da operadora con Disney tras o acordo para distribuír Disney+ en Vodafone TV. Cómpre salientar que, aparte das canles de televisión lineal Vodafone tamén manterá os servizos de vídeo baixo demanda FOXNOW e National Geographic Now.
Vodafone TV é actualmente un importante agregador de cine e series, sendo a única plataforma do mercado español que integra HBO Max, Filmin, Disney+, Prime Video, Netflix, ATRESplayer Premium e COSMO ON.

PUBLICIDADE