Vodafone terá que devolver máis de 4 millóns de euros cobrados por desbloquear móbiles
martes, 17 de abril do 2018
A Audiencia Provincial da Coruña confirmou a sentenza de
primeira instancia contra Vodafone a raÃz dunha denuncia de ADICAE e a
FiscalÃa de Galicia ao considerar «nulas por abusivas as condicións xerais de
contratación» polas que Vodafone cobrou indebidamente a 519.360 usuarios 6/8
euros (máis IVE) por liberar o seu teléfono móbil e contratar con outras
compañÃas fóra do perÃodo de permanencia, o que considerouse un abuso destinado
a coartar os dereitos dos consumidores e a súa liberdade para cambiar de
compañÃa.
A
nova sentenza aÃnda non é firme (cabe recurso de casación ante o Tribunal
Supremo) condena a Vodafone a cesar coas prácticas denunciadas e a reembolsar o
cobre indebido e a unha indemnización con gastos e intereses. Para facilitar que
os consumidores poidan beneficiarse da resolución xudicial ADICAE habilitou
unha plataforma en liña para que os afectados poidan adherirse á plataforma
promovida pola asociación para reclamar os cartos cobrados indebidamente.
EstÃmase que Vodafone terá que devolver máis de 4 millóns de euros cobrados
indebidamente, aÃnda que tamén cómpre salientar que boa parte das esixencias xudiciais
xa non proceden, xa que os operadores abandonaron hai anos a práctica de vender
teléfonos con bloqueo de operador en España.