Voz da Galiza nace con vocación de foro de referencia para a comunidade internauta galega

luns, 23 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro día 25 de xullo comezará a estar operativo un novo foro na Internet baixo o dominio vozdagaliza.com que pretende converterse nun foro referente e transversal para o debate na Internet de toda a cidadanía galega (e outras comunidades culturais próximas).
O novo espazo quere servir coma punto de encontro se discriminar segundo a ideoloxía, condición ou opción lingüística e ortográfica dos que participen no mesmo, estando guiado polos principios de accesibilidade, usabilidade e apertura á participación democrática, directa e sen censuras para servir de voz dos galegos na Internet.

PUBLICIDADE